O goberno autonómico está a facer unha xestión nefasta da crise xerada polos temporais
2 de febreiro, 2009
A actuación do Presidente da Xunta e ConsellerÃas responsables ante a situación excepcional vivida os pasados dÃas é de total pasividade e ausencia das problemáticas que se estaban a vivir nunha gran parte do territorio Galego.
Ante a gravidade da situación, con milleiros de persoas sen siministro, cuantiosos danos e numerosas vÃas cortadas, o goberno autonómico non quixo asumir a súa responsabilidade e non foi quen de encabezar nin convocar un gabinete de crise, quizáis porque preferiu manter unha imaxe de total normalidade en lugar de articular os mecanismos de intervención urxente que a situación expcecional requerÃa.
Na xestión desta crise temos que denunciar o despropósito que supón que os propios Alcaldes dos gobernos afectados teñan que ir a chamar ás portas da Xunta de Galicia en lugar de ser os nosos representantes autonómicos e ConcellerÃas quenes se preocupen e poñan todos os medios ao alcance das poblacións afectadas.
Tamén a ConcellerÃa de Industria desentendeuse das súas responsabilidades, deixando a Concellos e usuarios indefensos ante as grandes corporacións eléctricas, co resultado de que aÃnda hoxe temos familias que carecen de suministro eléctrico e se atopan con numerosas trabas nas reclamacións; e unha vez máis a situación vivida demostra a ineficacia das normativas de seguridade que Medio Rural deberÃa aplicar para manter a seguridade de vivendas e liñas eléctricas.
Resulta inaudito que o goberno siga sin apoiar aos Concellos máis afectados en canto ás solicitudes de declaración de zona catastrófica, tal e como están a facer en moitas outras áreas afectadas polo ciclón como o caso francés. Esta entidade amosa a súa solidariedade e apoio con aqueles Concellos máis afectados e pide que canto antes se valoren todas e cada unha das peticións xa que a declaración de zona catastrófica non é un capricho senón unha urxencia e unha calificación que sen dúbida poderÃa contribuÃr a que moitos Concellos podan recuperar canto antes á normalidade.
