Obxectivos
O obxectivo fundamental de COGAVE é a defensa dos intereses das veciñas e dos veciños, en especial os dos colectivos máis desfavorecidos, como son os da muller, infancia, familia, xuventude e minorÃas étnicas.
Para acadar este obxectivo realizamos actividades encamiñadas á promoción e creación de servizos sociais necesarios para a comunidade e a súa promoción cultural.
Os obxectivos xerais da confederación son:
- A consecución dos medios materiais, sociais e culturais, que fagan de Galicia un lugar digno onde vivir e convivir.
- A participación naquelas iniciativas, ben individuais ou colectivas, que teñan como obxectivo a consecución dalgún dos fins desta confederación, ou ben estean encamiñadas á defensa e mellora dos dereitos e liberdades públicas das persoas ou colectivos.
Ao mesmo tempo, a confederación establece como obxectivos especÃficos:
- A reivindicación constante dunha maior participación cidadá nas cuestións públicas.
- A loita contra a especulación do solo e a defensa do patrimonio público contra toda clase de especulación.
- A mellora da calidade de vida.
- A coordinación solidaria de todos os cidadáns na defensa dos fins desta confederación.
- A defensa preferente de todas aquelas persoas especialmente marxinadas e explotadas de Galicia.
- A defensa dos dereitos das mulleres, dentro e fóra da confederación.
- A procura da unidade de todos os veciños e veciñas de Galicia, e por conseguinte das súas organización representativas dentro e fóra de Galicia.
- A defensa do idioma galego, que será utilizado a nivel oficial pola confederación.
- A denuncia de situacións de inxusticia social, económica ou de calquera outra Ãndole.
- A procura dunha maior calidade de vida dos cidadáns en todos os ámbito da vida diaria (cobertura das necesidades básicas, sanidade e educación pública, vivenda, educación para a saúde, etc.).
- A loita contra a droga.
