Confederación Galega de Asociacións Veciñais "Rosalía de Castro"

O movemento veciñal galego organizado e coordinado para a consecución de obxectivos comúns.

Fenosa debe artellar unha resposta urxente ante a gravidade da situación que viven milleiros de galegos que seguen sen electricidade

28 de xaneiro 2009

A COGAVE manifesta o seu fondo malestar ante a tardanza de Fenosa en restablecer o suministro eléctrico. A situación que viven hoxe milleiros de persoas pon de relevo unha falla de previsión e capacidade de actuación tremendas por parte da suministradora eléctrica. Tamén seguimos a coñecer relatos dramáticos de persoas que quedaron illadas sen servizo e perdas millonarias en explotacións que aínda hoxe seguen sen obter resposta.

A calidade do servizo e a tardanza das actuacións contrastan cos beneficios multimillonarios que cada ano declaran as compañías eléctricas. As continuas subas na tarifa da electricidade que se incrementa moi por riba do IPC e que lentamente afogan a moitas familias humildes de Galicia, non está en relación coa calidade do servizo que segue estancada e presenta moitas deficiencias especialmente no rural.

Resulta incluso paradóxico que os incrementos no recibo sexan a miúdo xustificados polas eléctricas co argumento de reinvestir no acondicionamento e actualización da rede, cando feitos coma o da fin de semana poñen unha vez máis de relevo o obsoleto do sistema, a falla de mantemento e a fraxilidade da rede. Tantas contradiccións denotan unha falla total de control da administración sobre a actividade destas grandes empresas, polo que demandamos se implique de cheo no futuro de cara á mellora da rede e na actualidade para que se restableza a normalidade e facer valer os dereitos da cidadanía nas súas reclamacións.

Desidia
Queremos salientar que a caída dos tendidos eléctricos non é achacable exclusivamente á forza dos ventos. As torretas de media tensión están calculadas para soportar ventos extremos, á súa resistencia se aplican coeficientes de seguridade que multiplican estas medidas polo que os organismos responsables deberían investigar a causa de que os ventos da fin de semana botase abaixo os tendidos e analizar outros posibles factores como o sobredimensionamento das liñas ou o escaso mantemento dos postes de madeira e formigón.

   

Críticas a Fenosa por falta de suministro

publicado en: La Región, 10 de Febreiro, 2009

"Limiar y la Confederación Gallega de Asociaciones de Vecinos se pronuncian también sobre los problemas de suministro eléctrico ocurridos durante el reciente temporal ‘Klaus’. Lamentan ‘a tardanza de Fenosa en restablecer o subministro eléctrico’, atribuyéndolo a ‘unha falta de previsión e capacidade de actuación tremendas por parte da subministradora eléctrica’. Para Limiar, ‘a tardanza das actuacións contrastan cos beneficios multimillonarios que cada ano declaran as compañías eléctricas’, añadiendo que ‘resulta incluso paradóxico que os incrementos no recibo sexan a miúdo xustificados polas eléctricas co argumento de reinvestir no acondicionamento e actualización da rede’ cuando, asegura, ‘feitos coma o da fin de semana poñen unha vez máis de relevo o obsoleto do sistema, a falla de mantemento e a fraxilidade na rede’. El colectivo considera que esta situación denota ‘unha falla total de control da Administración sobre a actividade destas grandes empresas’. De ahí que demande que ‘se implique de cheo no futuro de cara á mellora da rede e na actualidade para se restableza a normalidade e facer valer os dereitos da cidadanía nas súas reclamacións’. Limiar opina que ‘a caída dos tendidos eléctricos non é achacable exclusivamente á forza dos ventos’ y cree que se debería investigar la causa y analizar ‘factores como o posible sobredimensionamento das liñas ou o escaso mantemento dos postes de madeira ou formigón’."

 artigo completo de La Región (10/02/2009)

   

O goberno autonómico está a facer unha xestión nefasta da crise xerada polos temporais

2 de febreiro, 2009

A actuación do Presidente da Xunta e Consellerías responsables ante a situación excepcional vivida os pasados días é de total pasividade e ausencia das problemáticas que se estaban a vivir nunha gran parte do territorio  Galego.

Ante a gravidade da situación, con milleiros de persoas sen siministro, cuantiosos danos e numerosas vías cortadas, o goberno autonómico non quixo asumir a súa responsabilidade e non foi quen de encabezar nin convocar un gabinete de crise, quizáis porque preferiu manter unha imaxe de total normalidade en lugar de articular os mecanismos de intervención urxente que a situación expcecional requería.

Na xestión desta crise temos que denunciar o despropósito que supón que os propios Alcaldes dos gobernos afectados teñan que ir a chamar ás portas da Xunta de Galicia en lugar de ser os nosos representantes autonómicos e Concellerías quenes se preocupen e poñan todos os medios ao alcance das poblacións afectadas.

Tamén a Concellería de Industria desentendeuse das súas responsabilidades, deixando a Concellos e usuarios indefensos ante as grandes corporacións eléctricas, co resultado de que aínda hoxe temos familias que carecen de suministro eléctrico e se atopan con numerosas trabas nas reclamacións; e unha vez máis a situación vivida demostra a ineficacia das normativas de seguridade que Medio Rural debería aplicar para manter a seguridade de vivendas e liñas eléctricas.

Resulta inaudito que o goberno siga sin apoiar aos Concellos máis afectados en canto ás solicitudes de declaración de zona catastrófica, tal e como están a facer en moitas outras áreas afectadas polo ciclón como o caso francés. Esta entidade amosa a súa solidariedade e apoio con aqueles Concellos máis afectados e pide que canto antes se valoren todas e cada unha das peticións xa que a declaración de zona catastrófica non é un capricho senón unha urxencia e unha calificación que sen dúbida podería contribuír a que moitos Concellos podan recuperar canto antes á normalidade.
 

   

O movemento veciñal reúnese en Madrid para tratar a suba das eléctricas e os actos conmemorativos do 40 aniversario

A Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) participará na Xunta Executiva e Consello Confederal da Confederación Estatal de Asociacións Veciñais (CEAV). O vindeiro venres 23 e sábado 24 de xaneiro terá lugar en Madrid

Un dos principais temas que tratará a Xunta e Consello Confederal será o inicio dunha campaña sobre a enerxía eléctrica. O movemento veciñal estudiará o xeito de articular unha actuación coordinada e conxunta, ao tempo que contundente, en toda España. Algunhas das ferramentas propostas serán a consolidación dunha plataforma reivindicativa, a realización de Asambleas informativas, distribución de material editado e presentacións de mocións nos Concellos, que sirvan á sensibilización da ciudadanía así como para as negociacións co Ministerio de Industria.

O movemento veciñal estudiará o xeito de continuar cos actos do 40 aniversario. Recopilaranse e coordinaranse as actuacións realizadas e futuras en todas las entidades veciñais do Estado coa fin de confeccionar un dossier que sirva como base para a presentación do movemento veciñal ao Premio Príncipe de Asturias, ante Gobierno de España, á Casa Real e ante os foros sociais. Entre as propostas cabe salientar a creación de distincións específicias que poñan de relevo o Concello máis participativo, actuación más salientable por parte dunha asociación, político máis colaborador…

   

Página 4 de 5