
O movemento veciñal galego organizado e coordinado para a consecución de obxectivos comúns.
O movemento veciñal de Galicia rende homenaxe aos Mártires de Sobredo
Domingo, 29 de novembro de 2009
Guillarei – Tui
Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CO.GA.VE.) e Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, organizan os actos de “Conmemoración do 87 Cabodano dos Mártires de Sobredo”. Este domingo 29 de novembro a partir das 11.00 horas na parroquia tudense de Guillarei.
Esta homenaxe quere traer á memoria colectiva a resistencia heroica do campesiñado galego fronte ao pago dos “foros”, un imposto herdado da Idade Media que condenaba ao campesiñado a unha agricultura de subsistencia. Os feitos cruciais daquela resistencia tiveron lugar o 27 de novembro de 1922 cando en Sobredo (Guillarei, Tui), preséntanse Xuíz e Garda Civil para embargar os bens dun veciño que non pagaba o foro. A toque de campás, xuntáronse unhas duas mil persoas da bisbarra; foi ao disolver a forza pública a manifestación a tiros que tres persoas resultaron mortas.
Estes acontecementos tiveron fonda repercusión e fixeron ao goberno reflexionar e ver a necesidade de achegar unha solución ao conflicto agrario, que finalmente daría na redención dos foros. Foi grazas á actitude loitadora e comprometida destas mulleres e homes do agro, que se conseguiu abolir un dos residuos da sociedade estamental, que condenaba en vida ao campesiñado.
Actos
11.OO h. Concentración na Carballeira de San Xosé (Sobredo) e desprazamento até o monumento aos mártires.
12.00 h. Intervención de:
- Anselmo López Carreira, historiador
12.30 h. Homenaxe á Asociación Veciñal de Lavadores
13.00 h. Clausura do acto coa Ofrenda Floral e a actuación do grupo de música tradicional da A.V. de Lavadores e invitación a viño e rosquillas

O Consello Confederal da CoGAve reuniuse o sábado 24 de outubro en Ferrol. Nesta reunión acordáronse os seguinte puntos:
- Solicitar unha xuntanza coa Conselleira de Sanidade para tratar os problemas das áreas sanitarias galegas.
- Apoiar por unanimidade a Iniciativa Lexislativa Popular pola reactivación de Astano e o futuro do sector naval galego, promovida pola Comisión Promotora Rumbo 21.
- A COGAVE estará presente na celebración do 40 aniversario da Confederación Estatal de Asociacións veciñais (CEAV) en Madrid.
Vigo, 29 de Xuño, 2009
O Vindeiro 3 de Xuño a Directiva da CoGAVe, será recibida por D. Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia Administracións Públicas e Xustiza. Nesta xuntanza trataranse temas de interese para a veciñanza.
Vigo, 26 de Marzo, 2009
O Consello Confederal da CoGAVe reúnese o próximo día 28 de Marzo, sábado, na cidade da Coruña para tratar temas de interese xeral para a veciñanza no ámbito autonómico, entre eles o da Campaña das eléctricas.
PROGRAMA
10:00 Chegada dos membros do Consello Confederal á sede da Federación. Desprazamento dos mesmos en bus, subindo no ascensor do Monte de San Pedro.
10:40 Almorzo
11:11 Reunión do Consello Confederal da CoGAVe.
13:00 Fin da reunión e Recepción no Palacio Municipal de A Coruña.
13:15 Visita no Palacio Municipal á exposición "A muller e o traballo a partires do século XVII". Posteriormente serán recibidos en audiencia polo Excmo. Sr. D. Javier Losada de Azpiazu, Alcalde do Concello de A Coruña.
15:30 Xantar no restaurante Monte de San Pedro.
17:45 Foto de adhesión do Consello Confederal na Torre de Hércules, para reivindicar o nomeamento da mesma como Patrimonio da Humanidade.
Página 1 de 3